17 julho 2007

 

A ilusión social das oportunidades



A principal frustración da nosa sociedade é que medramos oíndo unha e outra vez que con esforzo e adicación podemos acadar todo aquelo que nos propoñamos. Así é, estamos na sociedade das oportunidades.
Pero tamén na sociedade das oportunidades hai cotas. Porque a sociedade ten que funcionar. Non podemos ser todos pintores impresionistas, aínda que sexamos a hostia de bos. Porque ten que haber panadeiros, arquitectos, electricistas, astronautas e agricultores para que o tinglado social funcione.
Así que non todos podemos ser pintores impresionistas. E claro, cando adicaches todo o teu esforzo, vocación e adicación a eses trazos coloristas e eres consciente de que calquera dos impresionistas do XIX é un pringado ao teu lado, pero che din que, simplemente, a cota de pintores está chea, ahí ven a frustración.
Entón lembras como desde que eras pequeno os teus pais foron enchendote os oidos con aquelo de que se te esforzas e tal e tal e dis ¡menuda patraña!
¿E que fas entón?
1. Sobrevives como pintor de brocha gorda por aquelo de que xa eres adicto aos volátiles das pinturas sintéticas.
2. Opositas e pintas nas fins de semana.
3. Rachas todolos cadros e te adicas á venta de utensilios de cociña por internete mentres xuras que endexamais volverás coller un pincel. E tampouco a permitirte un momento de gloria. Chámalle felicidade se queres.

Que digan o que queiran, pero ás veces o azar xoga un papel importante nas nosas vidas. A puta chorra.

Outras, é simplemente cuestión de que non sabemos o que queremos.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?